O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello reurbanizou a aldea de Socastro, na parroquia de San Xoán de Calo, tras investir preto de 200.000 euros na renovación das súas rúas interiores e na súa rede de saneamento. Precisamente, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo arquitecto municipal, supervisou de primeira man o resultado destas actuacións, valorando de xeito positivo o seu impacto na mellora da calidade de vida da veciñanza do lugar.
As obras -que estaban financiadas por fondos do POS+ 2021- consistiron en dotar as pistas interiores da aldea dun novo pavimento que, segundo a zona, foi de formigón cun acabado superficial rugoso e delimitado en varios tramos cunhas franxas transversais de lastras. As pistas máis distantes do núcleo foron pavimentadas cunha mestura bituminosa en quente.
Esta actuación é froito do deterioro das vías como consecuencia das inclemencias meteorolóxicas e do desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos. Con esta mellora estrutural conseguíronse accesos máis adecuados á aldea, redundando na propia seguridade, accesibilidade e comodidade dos usuarios desta zona.
Ademais procedeuse a completar tanto a rede de abastecemento de auga potable como a rede de augas residuais, garantindo o dito servizo a todas as vivendas e aos solares vacantes de edificación. Desta forma, renovouse practicamente toda a rede de saneamento de augas pluviais e instalouse a infraestrutura necesaria para dotar a iluminación pública dunha rede de subministro totalmente soterrada.