O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar a primeira fase do contrato de obra de saneamento no núcleo do Ferreiriño por importe de 124.606,30 euros. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 3 de decembro para presentar as súas ofertas.
Así, o obxecto do presente contrato é dotar dunha rede de saneamento neste núcleo e conectar a zona das actuacións co colector principal que leva as augas residuais á Estación Depuradora de Pontevea. Actualmente, o núcleo do Ferreiriño carece desta rede, polo que estes novos tramos recollerán as augas residuais deste núcleo e, nun futuro, prevese conectar a esta rede os núcleos aledaños.
A rede proxectada divídese en catro tramos en gravidade compostos por tubarias lisas compactas. Os pozos serán de formigón prefabricado con distancias menores das máximas que recomenda as Instruccións Técnicas para Obras Hidráulicas (ITOHG) en Galicia.
Toda a información relativa a este procedemento de licitación está na Plataforma de Contratación do Sector Público. Trátase dun procedemento aberto simplificado de contratación.