O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O conselleiro do Mar en funcións visitou a peixería Mari Carmen na localidade de Teo

| compartir:

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, continúa coa súa axenda de visitas a peixerías da comunidade co obxectivo de difundir a campaña posta en marcha pola Consellería do Mar AMAR GALICIA co obxectivo de promover a confianza na calidade dos produtos do mar, resaltar a súa variedade e sabor así como a súa propiedades nutritivas e beneficios para a saúde dos consumidores. O responsable autonómico visitou a peixería Mari Carmen en Teo onde, acompañado pola alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, fixo entrega a este establecemento dos carteis da campaña.

O titular de Mar subliñou o transcendental papel que xogan as peixerías e as persoas que as rexentan que, grazas a súa relación directa e de confianza cos clientes, xogan un papel indispensable na promoción do consumo de alimentos mariños, contribuíndo a que cheguen a súas mesas e reivindicou o consumo dos peixes, mariscos e conservas galegos como a mellor fórmula de apoiar aos profesionais do mar. 

Alfonso Villares puxo en valor o protagonismo dos fogares e establecementos hostaleiros á hora de difundir as bondades e a altísima calidade dos produtos do mar galegos e Nesta liña, sinalou que nada diso sería posible sen o traballo e compromiso do conxunto dos máis de 50.000 profesionais que traballan nas diferentes etapas da produción pesqueira que aglutina, desde a captura, cultivo e recolección da materia prima á súa transformación e posterior distribución.

O conselleiro reiterou a importancia de traballar xuntos para que os peixes, mariscos, conservas e outros transformados do mar galegos cheguen cada vez a máis bocas, pois por un lado refórzase a un sector económico que xera preto do 5 % do PIB de Galicia, sendo o cuarto máis relevante. Unha actividade da que viven milleiros de familias e que se sustenta sobre a confianza na calidade destes alimentos, sobre a variedade e o sabor inigualable que ofrecen peixerías e mercados.

foto