O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este luns, 23 de setembro, comezan as charlas sobre aforro enerxético nos fogares. Enmarcadas no convenio de colaboración subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), estes pequenos talleres levaranse a cabo todos os lunes en horario de 19.30 horas da tarde nas distintas casas comúns ou locais sociais do Concello. Faranse en cada unha das parroquias do municipio para así facilitar a asistencia das persoas interesadas.
Nestas charlas, levadas a cabo polo profesor asociado da USC, Juan Verdes, que todas as semanas presta o servizo do bono social no Concello, búscase aconsellar aos veciños e educalos en materia enerxética, así como axudarlles a coñecer e a entender as facturas enerxéticas e recibir consellos para aforrar.
Do mesmo xeito, tamén se asesorará aos participantes para saber se poden solicitar o bono social eléctrico e cales son os requisitos que debe cumprir unha persoa para ser considerada consumidora vulnerable.
Attachment | Size |
---|---|
Charlas aforro enerxético nos fogares.pdf | 2.48 MB |