O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O luns 3 de xuño abre o prazo para comunicar as cacharelas de San Xoán

| compartir:

Dende o luns 3 ao mércores 19 de xuño (ambos incluidos) poderanse presentar no concello as solicitudes para a realización das cacharelas de San Xoán. Os impresos pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica.

A solicitude deberá cubrirse cos datos persoias e indicar o lugar de realización da cacharela. Para a realización destas fogueiras, cómpre ter en conta unha serie de normas de obrigado cumprimento:

  • O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura;

  • A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros; 

  • Terase especial coidado de non situar as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

  • Está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico e en ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros. 

  • No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público de lousa, as persoas organizadoras encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, 10 cms e ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, as persoas responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas. 

foto