O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As Toupas de Teo, nome que o curso pasado puxeron ao Foro de participación da infancia e adolescencia, tiveron onte a súa primeira reunión co obxectivo de reencontrarse e poñer en marcha a programación para este curso.
O máis inmediato foi concretar a súa involucración nas sesións de formación e presentación do FoPIA que terán lugar na semana que vén nos centros educativos. Esta formación, a cal vai dirixida ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria e a 1º, 2º e 3º da ESO, ten o obxectivo de dar a coñecer as actividades desenvoltas nos órganos de participación infantil e adolescente que ten o Concello de Teo, para que a rapazada teña voz e sexa escoitada na posta en marcha das políticas municipais en asuntos que lles afectan.
Unha vez finalice esta formación, a rapazada que o desexe poderá participar na primeira sesión do Foro de participación infantil e adolescente (FoPIA), que terá lugar o luns 21 de outubro na Casa Común Marisa Mirás (Calo) ás 17.30 h. A inscrición para participar neste Foro pode facerse tamén a través do seguinte formulario.
Durante todo o curso as Toupas de Teo traballarán temáticas ao redor do dereito á participación da infancia e adolescencia, dereito sobre o que tamén xirarán as actividades relacionadas coa conmemoración do Día Mundial da Infancia, que se celebra o 20 de novembro. Con tal motivo, está previsto organizar o Consello Local de Infancia e adolescencia no Auditorio Constante Liste en colaboración cos centros educativos para que alumnado de 6º de Primaria e IES Cacheiras poidan asistir como público.
Ao longo de todo o trimestre, o FoPIA tamén participará en varios actos promovidos pola Xunta de Galicia e UNICEF, como o Foro Infantil do Parlamento de Galicia ou as Xornadas Cidades Amigas da Infancia.