O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

As obras nas vías de Tribaldes e A Ínsua supuxeron un investimento de case 240.000 euros

| compartir:

O Concello investiu nas obras de acondicionamento das vías de Tribaldes e da Ínsua, un importe de case 240.000 euros. Ambos os dous proxectos están incluídos no Plan único de concellos (POS Adicional 2-2022). 

Así, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, supervisou o resultado de ambos proxectos, un deles aínda sen rematar, os cales forman parte de varias obras de acondicionamento de diversas vías de titularidade municipal.

Neste senso, en Tribaldes reasfaltouse a calzada mediante aglomerado asfáltico nunha superficie de algo máis de 6.045 m², logo da reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Tamén se levou a cabo o recrecido de 118 tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e a limpeza de gabias. Así mesmo, procedeuse á correspondente sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais. As ditas obras xa están totalmente rematadas. 

No caso da vía que vai da Ínsua a Espasande, as obras consisten no aglomerado de 9.310 m² nunha estrada de 1.850 metros de lonxitude. Tamén se levará a cabo o recrecido de 205 tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado, así como a proxección dunha beirarrúa de formigón coloreado da que partirá unha senda que permita completar a conexión peonil das vivendas ata o cruce de Espasande. 

Con estas obras búscase mellorar e facilitar o tráfico rodado, xa que as estradas estaban en moi malas condicións debido ao paso de vehículos e ás inclemencias meteorolóxicas. Con estes acondicionamentos, a mellora redunda directamente no propio benestar dos veciños e veciñas que empregan estas vías.

foto