O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os traballos da prolongación da autovía autonómica AG-59 desde Ramallosa a Pontevea, no concello de Teo, farán necesario o corte de tráfico no vial municipal situado no lugar de Pite, a partir deste mércores.
O corte temporal deste vial, que se prolongará desde mañá, día 3, e durante 3 meses, é necesario para realizar a construción do paso Inferior do Eixe 12 no marco da obra de prolongación da autovía, que é atravesado polo trazado do tronco da AG-59.
En todo caso, este corte polo tronco non afectará o acceso das vivendas do núcleo poboacional de Pite, téndose xa programado a correspondente habilitación de desvíos alternativos para el tráfico. Deste xeito, o tráfico entre Pite e a estrada AC-841 desviarase polo núcleo de Luci.
En concreto, o corte temporal deste vial municipal permitirán realizar a construción do citado paso inferior e cuxos traballos comezarán pola escavación da cimentación do paso inferior, para continuar coa execución de cimentación, alzados e laxa superior do paso inferior in situ.
Os traballos proseguirán coa execución da drenaxe transversal da autovía, para rematar coa reposición de firmes e pavimentos da estrada local de acceso a Pite.
Con estes traballos séguese avanzando na execución das obras deste novo treito da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, cuxas obras suporán un investimento de máis de 32,3 M€, permitirán habilitar 3,5 quilómetros da AG-59, dándolle continuidade ao treito de autovía libre de peaxe que xa se atopa en servizo entre Santiago de Compostela e A Ramallosa.