O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Participa no XXIII Concurso de postais de Nadal de Teo

| compartir:

Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean matriculados nalgún dos centros educativos públicos  do Concello de Teo de 0 a 12 anos. A dimensión máxima debe ser de 21 x 15 centímetros, presentarase un debuxo  de temática libre xunto coa expresión dun desexo que teña clara relación co Nadal.  Cada postal deberá ter escritos pola parte traseira os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono, curso e centro educativo teense no que está.

 

CATEGORÍAS E PREMIOS:

CATEGORÍA A (INFANTIL): de 0 a 6 anos

1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar) 
2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)

CATEGORÍA B (PRIMEIRO GRUPO): 1º, 2º e 3ª de Primaria

1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar) 
2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)

CATEGORÍA C (SEGUNDO GRUPO): 4º, 5º e 6º de Primaria

1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar) 
2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)


Entre as postais premiadas escolleranse aquelas máis acaídas para a felicitación de Nadal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Do 22 de novembro ata o  9 de decembro os traballos poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello (de 8:00 a 15:00 h), na Mediateca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou nos centros educativos do Concello.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Departamento de Cultura e Educación 981 941 063 (de luns a  venres de 9.00 h a 14.00 h)

cartel