O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo das previsións meteorolóxicas durante as obras que van desde o cruce do Milladoiro ata San Domingo de Calo, o Concello estableceu un percorrido alternativo para os días 26, 27 e 28 de febreiro que deberán empregar os turismos e o autobús metropolitano.
En cor amarela está marcada a estrada que se vai arranxar e en cor rosa o percorrido alternativo.
Así, eses días anularase a parada de Solláns no servizo metropolitano, podendo coller o bus na parada de San Domingo. Do mesmo xeito, queda anulada a parada de Vilar de Calo, quedando só a do Milladoiro.
Porén, o servizo de transporte escolar non se verá afectado.
Lembramos que estas obras permitirán mellorar o firme da estrada, o que redundará en beneficio dos veciños e veciñas que adoitan usar esta vía. Así mesmo, tamén mellorará a seguridade viaria neste tramo, polo que circulan unha gran cantidade de vehículos.