O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As piscinas descubertas municipais dos Tilos e Luou, que só funcionan na tempada de verán, abrirán desde este sábado, 15 de xuño, ata o vindeiro 15 de setembro.
Para obter o carné de abonado/a das piscinas municipais descubertas deberán entregarse, nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa, os datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento (solicitado nalgúns casos), e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais, se fosen precisos. Neste caso, terá preferencia a veciñanza empadroada no municipio de Teo e terán ata o 31 de xullo para presentar a correspondente documentación.
Horarios das tres piscinas municipais:
Piscina cuberta da Ramallosa (xullo e agosto)
De luns a a venres de 7:30 a 14:00 e de 18:00 a 23:00. Os sábados de 10:00 a 14:30 e os domingos de 11:00 a 14:00.
Piscinas descubertas:
Os Tilos: de 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00 h.
A Ínsua (Luou): de luns a venres, de 16.00 a 21.00 h. Os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00 h.
Tarifas e abonos:
- Persoas non abonadas: cada entrada, por día e persoa: 2,5 €
- Persoas abonadas:
Cota única por abono de verán xove (12-24 anos): 14 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI e certificado de empadronamento
Cota única por abono de verán adulto (25-64 anos): 17 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI e certificado de empadronamento
Cota única por abono de verán familiar: 27 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI + Libro de Familia + certificado de convivencia + matrícula de estudios en vigor ou tarxeta de demandante de emprego.
NOTA: Considérase como unidade familiar a formada pola parella ou polos proxenitores e os fillos e fillas menores de 18 anos. No abono de verán familiar poderán integrarse os fillos e fillas comprendidos entre os 18 e 25 anos, que convivan no domicilio familiar e se atopen realizando estudos oficiais ou en situación de paro, mediante unha cota de 8 € que se sumará ao custe do abono familiar.
- Persoas non censadas en Teo: poderán achegarse á piscina cuberta da Ramallosa e solicitar información sobre as ofertas/abonos dispoñibles.
Persoas exentas de pagamento:
As persoas que posúan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das súas modalidades.
As familias que presenten a tarxeta do paro de todos os seus membros deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a. DOCUMENTACIÓN: DNI + certificado de empadronamento no Concello de Teo + tarxeta de demanda de emprego en vigor.
As persoas maiores de 65 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o DNI e o certificado de empadronamento. Deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a.
As persoas menores de 5 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o Libro de Familia e o certificado de empadronamento. Deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a.
Aquelas persoas que teñan a condición de pensionistas ou aquelas cuns ingresos familiares que non superen 1,5 veces o IPREM. Neste suposto, xustificarán a súa condición diante do departamento de Servizos Sociais do Concello de Teo, quen emitirá un informe.
As persoas abonadas de verán poderán acceder ás instalacións da piscina cuberta da Ramallosa (só á zona de piscina) os días que, estando en período de funcionamento as piscinas descubertas, estas non se poidan utilizar por inclemencias meteorolóxicas. Esta incidencia será indicada mediante aviso na entrada das instalacións descubertas.