O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Presentación do III Torneo de Fútbol 7, organizado pola Asociación Deportiva MAPP

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, coñeceu esta mañá por parte da Asociación Deportiva MAPP as bases do III Torneo de Fútbol 7. Terá varias categorías, a de veteranos e feminino, que terá lugar o sábado 22 de xuño; e a de sénior, que se celebrará o 29 e 30 de xuño. 

O torneo disputarase no campo da Cañoteira, en Cacheiras, sendo a competición por liguilla e garantindo tres partidos por equipo. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías.

A rexedora municipal aproveitou para felicitalos polo seu traballo e esforzo e a súa implicación na realización deste evento. Ademais, puxo en valor este tipo de torneos, que permiten vincular a práctica do deporte, a competitividade saudable e a diversión entre os máis maiores. Uns valores, matizou Calvo de la Uz, que deben primar en todas as competicións. 



 



 

foto