O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A rehabilitación integral do Colexio CEIP A Igrexa-Calo suporá un investimento de case 1 millón de euros

| compartir:

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o seu departamento vai acometer a rehabilitación integral do Colexio CEIP A Igrexa-Calo, en Teo. Fíxoo nunha visita ao centro, acompañado pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, onde presentou o proxecto desta actuación que, cun orzamento de case 1M€, está incluída nos Orzamentos do Goberno galego para 2025.

Así mesmo, está prevista a reparación da cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe dos Tilos, cun investimento estimado de 350.000€. Con estas dúas actuacións vaise dar resposta ás dúas principais necesidades da comunidade educativa de Teo, cun investimento que vai superar os 1,3M€. 

Ambas actuacións teñen como finalidade principal mellorar o día a día dos alumnos e docentes destes colexios, incrementando o confort térmico das instalacións e, en xeral, a súa practicidade. Así mesmo, este tipo de actuacións redundan nunha mellora da eficiencia enerxética dos edificios e, como consecuencia, na redución do consumo. 

Reforma completa

A rehabilitación integral do CEIP A Igrexa-Calo permitirá renovar as instalacións do centro, solucionando os problemas derivados da súa antigüidade, de máis de 50 anos. En breve procederase á licitación desta rehabilitación e a previsión é que as obras, cun prazo de execución de cinco meses, arranquen no segundo trimestre de 2025.

Os traballos a realizar consistirán na substitución da cuberta existente por outra de panel de sándwich illante con lá de roca, a renovación das ventás por outras con rotura de ponte térmica e dobre acristalamento e o cambio das luminarias por luces LED de baixo consumo en todas as áreas do colexio e no patio cuberto.

Tamén se levará a cabo unha optimización de espazos, renovación dos canlóns e baixantes do edificio, instalación de falsos teitos con protección acústica nas aulas, despachos e distribuidores de acceso, a renovación dos mesados da cociña coa substitución dos existentes fabricados en ladrillo por outros de aceiro inoxidable, a renovación do chan da escaleira principal con pavimento antiescorregadizo e a sinaléctica do centro.

foto