O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello informa de que todas as solicitudes presentadas pola rapazada empadroada en Teo e que o fixo en prazo foron admitidas para os campamentos de verán -tanto o infantil como o xuvenil- que se celebrarán en agosto no albergue de Santa Cruz de Oleiros.
As persoas solicitantes recibirán un correo electrónico co prazo e documento necesario para proceder ao pagamento dos ditos campamentos, polo que rogamos que esteades atentos.
Toda aquela persoa que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo o antes posible por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal
A xuntanza informativa cos pais ou titores da rapazada admitida será o vindeiro 18 de xullo no Salón de Plenos do Concello, ás 20.30 horas da tarde.
C A M P A M E N T O X U V E N I L
DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2011 e 2007 empadroadas no Concello de Teo.
NÚMERO DE PRAZAS: 70 + 5 para emerxencia social.
LUGAR: albergue de Santa Cruz – Oleiros.
DATAS: do 1 ao 9 de agosto.
C A M P A M E N T O I N F A N T I L
DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2017 e 2012 empadroadas no Concello de Teo.
NÚMERO DE PRAZAS: 70 + 5 para emerxencia social.
LUGAR: albergue de Santa Cruz – Oleiros.
DATAS: do 12 ao 20 de agosto.
Para máis información, podedes chamar ao departamento de Deportes do Concello (881 978 433).