O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Cultura e Turismo, Margarita Rosende, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Concello a José Antonio Riveiro Canosa, director da ONCE en Santiago de Compostela, con motivo da presentación do cupón conmemorativo que emitirá esta Organización con motivo da Feira do San Martiño.
O cupón venderase por toda España para o sorteo que terá lugar o vindeiro martes, 12 de novembro, día seguinte á celebración desta feira, cun total de cinco millóns e medio de cupóns. Unha feira, salientou a rexedora municipal, con máis de 500 anos de antigüidade que se segue a celebrar no mesmo lugar de antano, na famosa Carballeira de Francos.
Así mesmo, Lucía Calvo de la Uz, agradeceulle á ONCE a súa colaboración e apoio a esta celebración, impulsando e dando a coñecer a nivel nacional o evento socio-cultural e económico máis destacado do municipio de Teo. Neste senso, a alcaldesa destacou tamén a solicitude realizada este ano polo Consistorio para a declaración do San Martiño como Festa de Interese Turístico de Galicia, co fin de poder incrementar e mellorar a calidade da oferta cultural, lúdica e turística do Concello.
Tamén se busca con esta declaración poder protexer e conservar o patrimonio material e inmaterial do territorio, tanto o emblemático espazo físico onde se celebra esta festa -a Carballeira de Francos no Camiño de Santiago-, como o apego da propia veciñanza da bisbarra, afondando asemade no valor dunha memoria oral colectiva onde a feira exerce un protagonismo único.