O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo benefíciase do Plan de Mellora de Camiños Rurais para acondicionar os viarios municipais

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá á conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha visita realizada para coñecer de primeira man a vindeira obra de acondicionamento do viario municipal que vai entre Pazo e Paraxó, a cal estará financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través do Plan de Mellora de camiños rurais 2024-2025.  

Neste senso, a conselleira salientou o investimento do dito Plan de mellora, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. O financiamentodeste programa faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación. 

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria. 

En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas

foto