O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo celebra o Festeo e a Feira da Terra o vindeiro domingo, 16 de xuño na Carballeira de Francos

| compartir:

O Concello celebra o Festeo e a Feira da Terra o vindeiro domingo, 16 de xuño, na Carballeira de Francos. 

Dende as 11:30 horas haberá feira da Terra con postos de artesanía, obradoiros en vivo, ademais de alimentación, música tradicional, postos de polbo e degustación de filloas de Lestedo. Esta feira está organizada pola asociación A Carballeira de Francos.

Os asistentes poderán tamén desfrutar, ás 11.45 horas, dun obradoiro de arqueoloxía ofrecido pola Asociación Cultural A Rula, onde poderán coñecer réplicas de petróglifos e pintura mural, descubrir as armas que empregaban na prehistoria e ata tentar crear lume con elas. Para iso, os interesados deberán anotarse previamente no apartado de actividades da web do Concello. 

O Festeo comezará a partir das 12.00 horas coa presentación a cargo da Asociación Cultural A Tequerreté Teatro, quen amenizará toda a xornada. 

Ao longo da mañá haberá numerosas actuacións musicais a cargo dos diferentes grupos e asociacións teenses, comezando coa A.C. A Mámoa de Luou, seguida pola A.C. Rosalía de Castro (Cacheiras), A.C. A Rexionalista e a Banda Cultural de Teo. Sobre ás 13.15 horas haberá tamén unha exhibición de motos antigas da man de Moto Club de Teo.

Xa pola tarde será a quenda das pandeireteiras e da Coral da A.C. Cruceiro do Monte (Solláns), seguida polas pandeireteiras da AA.VV. dos Tilos, a Sociedade Recreativa de Calo e o Centro Cultural A Ponte Vella, coa actuación do seu grupo de baile e pandeireteiras. 

A foliada final correrá a cargo do grupo Ghazafellos, música tradicional co seu espectáculo Ghaitas ao lombo

Por último, durante toda a xornada estará unha mesa de Aspamite, para que esta entidade poida dar a coñecer a súa actividade. E para os máis cativos, pola tarde haberá xogos populares para desfrutar en familia. 

 

foto

Arquivos descargables

Attachment Size
Anuncio_Festeo_ConcelloTeo.jpg 4.29 MB