O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo celebrará o Día da Xuventude, organizado pola Xunta de Galicia, este venres 7 de xuño no IES de Cacheiras

| compartir:

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en marcha unha nova edición do programa ‘Día da Xuventude’, que achega á mocidade diversas actividades formativas e de ocio saudable a alternativo por un total de 30 concellos de toda Galicia, entre eles Teo.

As actividades programadas para este venres, 7 de xuño, en horario de 16.00 a 21.00 horas, son diversas e buscan a participación activa da mocidade do concello. Así, a rapazada poderá desfrutar de obradoiros de gastronomía saudable, actividades enfocadas en habilidades para a empregabilidade, sensibilización medioambiental, igualdade de xénero, arte urbana ou actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box. Así mesmo, a xornada finalizará coa actuación musical do artista teense José Nine e o cuarteto de Jazz.

Este programa está enfocado para os mozos e mozas de entre 12 e 35 anos e aséntase en cinco obxectivos: facilitar á mocidade a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais; fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable; transmitir valores a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo; achegar información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade; e ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.



 


 

foto