O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Pleno do Concello de Teo, correspondente ao mes de decembro, aprobou hoxe destinar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) “POS+ Adicional 1/2025” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. A cuantía total deste Plan para o Concello de Teo en 2025 ascende a 114.311,71 euros.
Neste senso, dedicaranse 108.624,71 euros á ampliación do servizo de axuda no fogar, tanto nas atencións de carácter básico como nas actuacións de carácter complementario e calquera outro análoga de natureza que se preste no domicilio da persoa, como servizo de perruquería, xantar na casa ou comedor sobre rodas entre outras. Así mesmo, outros 5.687 euros dedicaranse á adquisición de equipamento para o desenvolvemento dos programas de servizos sociais e do traballo dos equipos técnicos de servizos sociais.
Adhesión á asociación
Outro tema que se aprobou hoxe no Pleno de decembro será a adhesión de Teo á asociación de concellos galegos afectados pola autoestrada de peaxe AP9 e a correspondente aprobación do seus estatutos.
Neste senso, cabe lembrar que os municipios afectados polo paso desta autoestrada acadaron o obxectivo de recadar o importe total do IBI-BICES, logo da reclamación realizada a comezos de ano. Deste xeito, a concesionaria AUDASA pagará o 100% do imposto, mentres que antes os concellos só percibían un 5%.
Con esta asociación búscase fomentar e defender os intereses dos municipios integrados e, en particular, en todos os aspectos relacionados con esta autoestrada e a súa incidencia en calquera materia que afecte aos territorios dos municipios polos quye transitan estas vías de comunicación.
Plan anual normativo
Por último, outro tema aprobado foi o Plan anual normativo do Concello de Teo, é dicir, as previsións de aprobación e modificación de regulamentos e de ordenanzas fiscais reguladoras.
Así, preténdese modificar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles; a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. Tamén se modificarán a ordenanza fiscal reguladora da taxa por uso de instalacións deportivas e culturais e a ordenanza da taxa pola utilización privativa do dominio público para a venda ambulante; así como as ordenanzas de hortas urbanas e a da taxa por prestación de servizos e actividades relacionadas coa hixiene urbana.
Así mesmo, para o ano 2025 preténdese aprobar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por actos de utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local derivados de execución de obras.