O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo leva a cabo actuacións de divulgación e sinalización das súas árbores senlleiras do Xirimbao

| compartir:

O Concello vén de levar a cabo actuacións de divulgación e sinalización das súas árbores senlleiras situadas no Xirimbao, mediante unha axuda da Xunta de Galicia para realizar accións de conservación, protección e mellora de exemplares incluídos no Catálogo Galego de Árbores Singulares.

No caso de Teo, son dúas as sequoias vermellas catalogadas o pasado ano como árbores senlleiras que se atopan no couto do Couso, na área recreativa do Xirimbao. O refuxio e a zona de recreo inauguráronse en 1961, polo que se considera que estes exemplares foron plantados sobre esa mesma data e teñen unha idade comprendida entre os 60 e os 70 anos, posto que se descoñece o tamaño co que foron plantadas. 

Así, procedeuse a colocar diversas sinais para visibilizar a localización das ditas sequoias e, xa dentro da área, un cartel con información destas especies, ademais dos motivos polo cales foron merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as fixo merecedoras dunha especial protección. 

Ferramenta en constante actualización

O catálogo galego de árbores singulares é unha ferramenta aberta e en constante actualización, xa que poden propor a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación e as asociacións e entidades públicas e privadas que teñan entre os seus obxectivos a protección da natureza.

foto