O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Educación, María Vázquez, recibiu esta mañá no Concello os representantes da Agrupación Escolar GaExAnVaMur, formada por diversos centros rurais de toda España.
Así, nesta agrupación está o Colexio Agrupado Rural de Teo, o CEIP Santa Florentina (Madrigal de la Vera, Cáceres, Extremadura), o CEIP Tirant lo blanc (Alzira, Valencia), o CEP Ntra. Sra. de la Consolación (Molina de Segura, Murcia) e o CEIP Talhara (Benacazón, Sevilla. Andalucía), sendo este último o centro coordinador da agrupación.
Estes días, os membros desta agrupación participan nunhas xornadas de convivencia aquí en Teo, coñecendo todo o traballo que se desenvolven nas cinco escolas unitarias de Cacheiras, Raxó, A Casalonga, Recesende e Reis. Uns días de confraternidade onde se comparten ideas e proxectos para logo desenvolver no resto de centros.
Pola súa parte, a alcaldesa agradeceulles todo o labor que desenvolven este tipo de centros, ao xerar aulas heteroxéneas cunhas necesidades e dinámicas moi diferentes ás que se crean nos centros urbanos, asumindo metodoloxías distintas pero moi enriquecedoras.
De feito, puxo en valor o papel deste mestres, pois teñen unha visión global da educación e dos problemas da escola e coñecen de primeira man a todo o seu alumnado. Unhas escolas, matizou a rexedora, que en Galicia son máis que necesarias dada a nosa dispersión xeográfica.