O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato de obra para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Balcaide, por importe de case 75.000 euros. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 22 de novembro para presentar as súas ofertas.
Esta actuación vén dada polo actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario investir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.
Así, o tramo que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 1.200 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 5.500 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.
Neste senso, as obras consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.