O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Un verán máis chegan as andainas nocturnas circulares para poder coñecer máis polo miúdo o patrimonio arqueolóxico e facer as observacións dos ceos nocturnos en relación co patrimonio arqueolóxico. Este ano programáronse tres rutas polos petróglifos e tres observacións astronómicas, para os meses de xullo, agosto e setembro.
Este sábado 5 de xullo arrinca a XI edición da Ruta nocturna polos petróglifos de Teo. Organizada polo Concello de Teo e o Colectivo A Rula, nesta primeira visita a ruta irá de Cornide a Regoufe. O punto de encontro será ás 21:30 horas na Capela dos Milagres en Cornide.
O 10 de agosto a visita será aos Gravados na Fraga de Mallos - Agromaior na parroquia de Teo. O punto de encontro será ás 21:00 horas na entrada da aldea de Agromaior.
Para rematar as andainas, a última será en Luou polo Monte Piquiño: Solpor no Piquiño o 7 de setembro e o punto de encontro será no Campo da Festa de Luou ás 20:30.
As distancias son aproximadamente de 5 quilómetros cada ruta (estímanse de 2 a 3 horas).
Ofértanse 25 prazas por orde de solicitude. Inscrición en: https://teo.gal/gl/actividades
Observacións astronómicas
En relación coas observacións astronómicas haberá tres relacionadas co patrimonio cultural. Serán dende o petróglifo da Pena Bicuda e poderase ver o ceo con prismáticos e telescopios. As datas destas actividades serán o 12 de xullo ás 22:30 horas, o 9 de agosto ás 22:00 horas e o venres 6 de setembro ás 21:30 horas. O punto de encontro é na carballeira da Igrexa de Luou. A duración da actividade estímase entre dúas a tres horas.
Ofértanse 40 prazas por orde de solicitude. Inscrición en: https://teo.gal/gl/actividades
Recoméndase levar roupa axeitada e de abrigo e algo para sentarse no chan.