O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Unha representante do Consello Climático Asesor Xuvenil de Teo coñecerá as institucións europeas

| compartir:

Os vindeiros días 22 e 23 de febreiro, a representante do Consello Climático Asesor Xuvenil de Teo, Irene Iglesias, viaxará a Bruxelas para coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e outras institucións europeas. Neste senso, reunirase coa parlamentaria Sara Cerdas e visitará a Dirección Xeral de Partenariado Internacional, así como o Foro Europeo da Xuventude. 

Con esta experiencia, enmarcada no proxecto People&Planet, preténdese que a mocidade participe activamente e teña voz nas políticas contra a crise climática e poida intercambiar experiencias das diferentes accións que se levan a cabo a nivel local en toda Europa. 

Cabe destacar que Irene Iglesias Valuja é membro do Consello Climático Xuvenil de Teo e tamén do Consello Local de Infancia e Adolescencia de Teo. 



 

foto