O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A unidade móbil de doazón de sangue estará os vindeiros días en Cacheiras e Calo

| compartir:

A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres, 5 de xullo, en Cacheiras, ao carón do restaurante Pórtico; e o martes, 9 de xullo, en Calo. O horario de atención -en ambos casos- será de 15.30 a 21.00 horas. 

Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto -o número 900 100 828- para consultar todas as dúbidas sobre a doazón, así como sobre a localización das unidades móbiles.

Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día manteñen abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazan dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

foto