O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de rematar o novo parque infantil O Cachón, no lugar de Vilar de Calo, para o desfrute de toda a veciñanza en xeral e da rapazada en particular. En total foron algo máis de 8.000 euros os invertidos nesta actuación, aínda que tamén se reutilizaron elementos que foron previamente acondicionados polos operarios do Concello para diminuír o custo.
Así, ademais de bambán, un columpio dobre e un balancín para os máis pequenos, o Concello tamén colocou unha máquina de ximnasia para as persoas maiores e acondicionou a área con mesa e bancos para o desfrute tamén dos máis maiores. Colocáronse papeleiras e arranxouse todo o peche perimetral para dotar de maior seguridade ao parque infantil. Os operarios construíron tamén unha pequena senda de cemento para facilitar o acceso ao parque infantil.
Con esta obra, apóstase polo ocio ao aire libre, habilitando a zona dun punto de encontro de socialización entre os veciños e veciñas do lugar, ofrecendo un servizo de calidade e con todas as garantías de seguridade.