O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na súa visita ao centro residencial de Pontevea. Tamén estivo o concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, Juan Cerqueiro.
Alí coñeceron os servizos e o traballo dos profesionais que coidan diariamente ás persoas usuarias deste centro, un dos cinco existentes no municipio.
Ademais de conversar con usuarios e persoal da residencia, ambas dirixentes aproveitaron para coñecer a actividade da residencia, así como as necesidades e demandas que precisan para mellorar o servizo prestado.