O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Comeza decembro co Festival de Maxia do Nadal, todos os sábados pola tarde en horario das 18:00 horas serán máxicos en Teo para todas as familias.
O día 7 contaremos co Mago Cayetano co seu Show Máxico un espectáculo de maxia adicado a público familiar. Con todo tipo de proezas incribles en clave de comedia, que vos vai sorprender. Cayetano Lledó ten participado en Festivais e congresos dentro e fora de Europa. Ten actuado coa súa máxia en teatros de todo o mundo (Canadá, Taiwán, China, Suiza, Francia, Inglaterra, Finlandia, Italia, Japón, etc) Neste espectáculo recolle unha escolma de técnicas inovadoras misturadas cos xogos de sempre para disfrutar en familia.
O sábado 14 continuaremos co "Mago Paco", co seu espectáculo A maxia do Nadal un mago especialista en maxia infantil. A maxia e o teatro dirixiron a súa traxectoria laboral e artística, formándose en diversos cursos de teatro, maxia e clown, ata se converter no gran profesional que é hoxe en día.
E pechará eo Festival de Maxia do Nadal o “Mago Jorge” o día 21 co espectáculo "Momentos máxicos", que é unha aventura máxica que promete divertimento para todas as idades.
Un espectáculo de maxia familiar, participativa e dinámica que involucra ao público de xeito activo, con trucos sorprendentes e divertidos, facendo que todos se sintan parte do espectáculo. Desde asombrosas ilusións ata trucos interactivos que te deixarán preguntándote "Como o fixeron?"
Dende a área de Cultura indican que no caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día.