O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na supervisión das obras que se están a centrar actualmente na colocación dos piares sobre os que se sustentará o novo viaduto.
Trátase dun novo viario, neste caso un novo treito de 3,5km, e neste momento avanza a segunda fase da execución dos estribos do viaduto. En paralelo, en taller estanse preparando as vigas do taboleiro, que se colocarán a principios de 2025. Martínez Allegue detallou que no conxunto das obras da prolongación desta autovía, xa están acometidos ao 60% os movementos de terras.
Concretou que tamén está en execución o desvío provisional do enlace da Ramallosa, que dende principios de novembro cambiará a configuración do enlace, de modo que o paso do tráfico sexa compatible coa execución da obra. Tamén están progresando as obras de dous pasos inferiores e en breve comezará a executarse o terceiro. Cabe lembrar que os traballos nun destes pasos obrigou a cortar o viario municipal de Pite, aínda que se permite o paso puntual do autobús escolar, e se agarda poder restituír o tráfico polo novo paso a finais de novembro.
A responsable de Infraestruturas remarcou que esta actuación é prioritaria para a Xunta, polo que os Orzamentos de 2025 reservan unha partida de 23,2M€, que permitirá finalizar a obra en execución e, ademais, tamén licitar o novo treito ata a AC-241 no Rollo. Unha vez finalizada a prolongación desta autovía libre de peaxe, cun investimento de máis de 67M€, os usuarios verán reducido a 10 minutos o tempo de viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada.