O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, achegouse hoxe a San Caetano para manter un encontro coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, con quen tratou as necesidades de solo industrial que ten o municipio.
No transcurso do encontro, a titular de Economía e Industria aproveitou para explicarlle á rexedora teense as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento, así como os servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia.
Finalmente, María Jesús Lorenzana lembrou que a Xunta conta tamén cunha liña de apoios para polígonos industriais. Nomeadamente, para a mellora de infraestruturas, para a creación de viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais.