O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Aberta a inscrición para a XII carreira pedestre "A Batalla de Cacheiras"

| compartir:

O 27 de abril volve a carreira pedestre "A Batalla de Cacheiras", un dos certames deportivos máis destacado do Concello de Teo e que congrega a centos de participantes. Tendes ata o vindeiro mércores, 23 de abril, para anotarvos na carreira e desfrutar dunha xornada de deporte, ocio e moita historia. 

Neste senso, cabe lembrar que a carreira discorre por un percorrido que lembra os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras, sucedidos o 23 de abril de 1846. Farao polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ao exército sublevado liderado polo xeneral Solís. Uns camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras. 

A carreira absoluta comezará ao pé da Reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras. As probas escolares celebraranse no aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. A entrega de trofeos terá lugar a partir das 13.30 horas do mediodía. 

Deixámosvos aquí os horarios:

 

RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
 

▪ Sábado 26 de abril no Departamento de Deportes do Concello de Teo (Trav. Ramallosa, n.º 38 - Lucí) en horario de 10 a 14 horas.

▪ Domingo 27 de abril a partir das 9 horas ata media hora antes do comenzo das probas no lugar da meta (Cacheiras).


Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión, será automaticamente descalificado.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN DE SERVIZO

Podedes consultar o regulamento da proba, información de interese e anotarvos na proba premendo aquí.

cartel