O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Asociación Deportiva MAPP celebra o vindeiro 19 de abril o seu “I Encontro Interparroquial de Fútbol 7”

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, coñeceu hoxe da man dos seus organizadores a convocatoria do I Encontro Interparroquial de Fútbol 7, que se celebrará o vindeiro 19 de abril no campo municipal de Rebordelo, en Calo. A Asociación Deportiva MAPP é a encargada de organizar esta xornada, que de seguro vai ter un gran éxito no municipio. 

Este encontro deportivo comezará ás 10.00 horas e durará toda a mañá, onde cada unha das parroquias teenses conformará o seu equipo e se enfrontarán entre eles. Os equipos estarán formados pola propia veciñanza. O obxectivo: pasar unha mañá de deporte, sa e divertida. 

Ademais, haberá xantar popular e festa durante toda a tarde. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Aires de Broña, mentres que na sesión de tarde será a discomóvil Chocolate quen lle poña música á xornada.

A alcaldesa felicitou aos organizadores por esta iniciativa, que busca unir aos veciños dunha forma divertida e pasar todos xuntos unha xornada agradable. Un encontro que, desde o Concello, agardamos que perdure no tempo e sexa esta a primeira de moitas edicións. 

Para máis información deste evento deportivo, podedes poñervos en contacto coa Asociación Deportiva MAPP. 

 

foto