O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Xunta avanza nas obras de prolongación da autovía AG-59 no treito entre Ramallosa e Pontevea, coa previsión de finalizalo este ano. A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na supervisión do izado de vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo, que se constrúe neste tramo no que está a traballar a Administración autonómica.
Os traballos para instalar as doce vigas previstas que soportarán o viaduto, dunha lonxitude de 150 metros, comezaron esta semana e hoxe estase a colocar a quinta viga, coa previsión de completar a disposición de todos estes elementos a vindeira semana.
O viaduto de Santa Lucía é unha das seis novas estruturas que se contemplan neste treito de prolongación da AG-59, xunto a tres pasos inferiores e dous superiores. Tamén se proxectan ao longo do trazado variantes das estradas actuais e camiños de servizo.
As obras deste treito de autovía supoñen un investimento de máis de 33 M€, e permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros da AG-59. A previsión é que o treito poida estar rematado a finais deste ano.
De xeito paralelo ao avance destas obras, a Xunta xa ten en marcha a actuación da nova e última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rollo, de 4 km e cun investimento de máis de 30M€. O proxecto de trazado xa foi aprobado no Consello da Xunta e prevese licitar as obras para que se poidan iniciar este mesmo ano.
Unha vez rematados os 7,5km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67M€.