O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta semana reuniuse a Mesa comunitaria de infancia do concello de Teo. Trátase dun órgano que agrupa a diferentes sectores da comunidade relacionados coa infancia e a adolescencia, tanto a nivel profesional como da veciñanza, e que ten como misión velar polo cumprimento do Plan de Infancia e Adolescencia, así como elaborar propostas de mellora para o seu benestar.
Desta volta tiveron a oportunidade de compartir reflexións coas Toupas de Teo, o grupo de representación da infancia e adolescencia do noso concello. Os discursos de Aurelio, Eloy e Irene sobre saúde mental e tecnoloxía serviron para o debate posterior no que participaron os membros da Mesa Comunitaria como outras Toupas de Teo convidadas á reunión.
Ao final da xuntanza tivo lugar unha homenaxe a Irene Iglesias Valuja, que despois de seis anos no Consello Local de Infancia e Adolescencia, causa baixa por cumprir a maioría de idade. Despois da proxección dun vídeo que recolle algunhas das súas contribucións á defensa dos dereitos da infancia, non só do concello de Teo senón tamén a nivel mundial da man de UNICEF Comité Galicia e UNICEF España, o concelleiro de Benestar e Infancia, Juan Jesús Cerqueiro entregoulle un agasallo en sinal de recoñecemento polo seu magnífico labor.