O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta fin de semana celebrouse en Bilbao o 8º Encontro Estatal de participación infantil e adolescente, organizado por Unicef, ao cal asistiron tres representantes do Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA) de Teo: Irene Iglesias Valuja, Julia López Sánchez e Candela Fernández Souto.
Estas mozas acudiron co resto da delegación de Galicia, composta por tres representantes dos CLIAs da Laracha, Moaña, O Rosal, Tomiño e do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.
Os encontros estatais son espazos onde nenos, nenas e adolescentes se reúnen e debaten cuestións vinculadas cos dereitos da infancia para elaborar propostas e conclusións comúns que se canalizan posteriormente na elaboración dun Manifesto. En total estiveron 180 rapaces e rapazas de diferentes puntos de España -acompañados por adultos- que traballaron ao redor do dereito á protección, compartindo ideas e propostas para a construcción de contornas seguras.