O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística, programa para o vindeiro mes de novembro un curso de introdución á lingua e á cultura galega para maiores de 16 anos, co fin de favorecer un maior emprego do noso idioma propio e poñer en valor as accións para prestixiar e atraer a xente cara ao galego, especialmente as dirixidas ao alto número de persoas provenientes do exterior.
O curso realizarase en modalidade presencial do 17 ao 21 de novembro e terá unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma que emite a propia Xunta de Galicia. O alumnado contará con material didáctico para a dita formación e impartirase na Casa Común de Oza, ubicada no lugar de Ribas, en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. En total son 20 as prazas dispoñibles nesta primeira edición.
As persoas interesadas teñen dispoñible a ficha de inscrición na páxina web e na Casa do Concello. O prazo para anotarse comeza o vindeiro luns, 13 de outubro e remata o luns, 3 de novembro. As fichas de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral Municipal e as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición.
| Attachment | Size |
|---|---|
| Folla de inscrición curso galego.pdf | 64.24 KB |