O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello organiza un curso sobre mecanografía básica para a rapazada empadroada no Concello de Teo, con idades entre os 9 e os 13 anos. Serán un total de 15 horas onde os participantes aprenderán conceptos básicos da mecanografía, practicando con varias plataformas online, e así adquirir maior soltura co teclado do ordenador.
As clases serán os luns, mércores e venres do mes de xullo na aula de informática do Concello, situada no edificio Constante Liste, en horario de 10.00 h a 11.30 horas. A formación arranca o mércores 2 de xullo e rematará o mércores 23 de xullo.
O prazo de inscrición comeza hoxe, martes 17 de xuño, ata o vindeiro venres, 27 de xuño. Deberá presentarse a ficha cuberta no Rexistro Xeral do Concello. Hai un total de 9 prazas dispoñibles, que serán asignadas por estrita orde de inscrición.
Attachment | Size |
---|---|
Ficha inscrición mecanografía rapazada.pdf | 336.83 KB |