O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Eliminado un punto de vertido de augas residuais en Calo

| compartir:

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da entidade pública empresarial Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais de carácter particular na parroquia de Calo. 

O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico detectou a incidencia durante os seus labores rutineiros de inspección nos municipios que conforman a demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Tratábase dun punto de augas residuais sen depurar procedentes dun pozo negro dunha vivenda particular, onde as augas se infiltraban no terreo. O episodio foi comunicado aos propietarios do inmoble para que adoptasen as medidas oportunas co fin de corrixir esa situación irregular.

Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia comprobaron a emenda do punto de vertido unha vez conectadas as augas residuais da vivenda á rede de saneamento municipal, anulando así o pozo e poñendo fin aos aportes ao dominio público hidráulico.

foto