O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A partir deste sábado, 8 de marzo, e ata o vindeiro 24 de maio, as persoas empadroadas en Teo poderán achegarse ata a nave de Protección Civíl (en Lucí) e solicitar o líquido atraínte para o trampeo contra a vespa velutina. O horario será de 10.00 a 13.00 horas. Ademais, as persoas deben levar unha botella ou recipiente para recoller o líquido.
Así, cómpre lembrar que entre os meses de marzo e maio é fundamental intensificar o trampeo para previr e controlar a presenza de vespa velutina, xa que deste xeito se capturan as raíñas e evitamos que constrúan niños.
As raíñas fundadoras desta especie invasora saen durante estas semanas da fase de hibernación na que estiveron durante o inverno. É, por tanto, unha tempada crucial para instalar as trampas nas leiras particulares, posto que por cada exemplar que se capture impedirase a posterior formación de niños primarios e secundarios.
Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunicalo chamando ao teléfono 012, onde o persoal adscrito ao Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño o antes posible.