O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un acordo de colaboración cos concellos de Teo, Lalín e A Estrada que permitirá a cesión gratuíta de parcelas nas devanditas localidades para a construción de inmobles de promoción pública.
Grazas a esta cesión, a Xunta construirá 71 vivendas distribuídas entre as parcelas asignadas: 28 na avenida de Vigo, na Estrada; 17 na zona da Rolda Leste, en Lalín; e 26 na rúa Cernadelo, en Teo. Unha vez formalizada a cesión dos terreos, a Xunta asumirá a súa titularidade e, tal e como explicou Rueda, actívase hoxe mesmo o proceso de licitación dos proxectos construtivos.
Cómpre destacar a importancia da colaboración entre administracións para avanzar na construción da vivenda pública en Galicia, unha aposta prioritaria para a Administración autonómica. De feito, a alcaldesa salientou na súa intervención que "a base para que o noso municipio poida crecer e ter futuro pasa, indudablemente, por fixar poboación".
Neste senso, Lucía Calvo de la Uz destacou que a vivenda é fundamental para o desenvolvemento socioeconómico do concello, para que a xente nova queira instalarse aquí e atisbe un futuro prometedor. "Dende Teo queremos cumplir coa Constitución e ofrecer vivenda digna á poboación", matizou, sobre todo nestes momentos onde a falta de vivenda é un problema a nivel nacional.
Pola súa parte, o titular do Goberno galego enmarcou esta iniciativa nunha política integral e ambiciosa que, segundo indicou, busca duplicar o parque residencial da Comunidade, pasando de 4.000 a 8.000 vivendas públicas. A día de hoxe, subliñou, xa hai “máis de 2.000” en distintas fases de execución, tanto en cidades como en concellos medianos e pequenos.
Entre as actuacións complementarias que a Xunta está a desenvolver, o xefe do Executivo autonómico mencionou a Estratexia Galega de Solo Residencial, que facilitará solo para 25.000 novas vivendas (das cales 20.000 serán protexidas), os Proxectos de interese Autonómico en sete grandes concellos, e medidas fiscais e financeiras para promover o alugueiro social e a rehabilitación de vivendas.