O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
En 2024 a Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Teo un total de 114.106,37 euros a través do POS+Adicional para gastos sociais extraordinarios.
A contía desta axuda dirixiuse, na súa maioría, a financiar o custo do SAF dependencia, concretamente supuxo unha achega do 11% sobre o total do gasto deste programa municipal.
Así mesmo, en 2024, por primeira vez, parte desta subvención dirixiuse a gastos de investimento, adquirindo un vehículo e varios dispositivos informáticos para facilitar o traballo do equipo profesional dos Servizos Sociais Municipais.
No ano 2025, a previsión de ingresos a través desta liña provincial de financiamento dos servizos sociais é de 114.311,71 euros, que se destinarán nun 95% ao financiamento do SAF dependencia, reservando o 5% restante para continuar o proceso de renovación do equipamento informático dos servizos sociais.
Os fondos do POS Social son destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais.