O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este venres, 11 de abril, será a presentación oficial da Asociación Cultural de Artesanía de Teo: Arteneo. Nace co obxectivo fundamental de poñer en valor este sector teense a nivel global pero desde un ámbito local. A presentación será no auditorio municipal ás 18.00 horas da man do seu presidente, Oli Xiráldez.
A continuación inaugurarase a Mostra de Artesanía teense ao público, que estará toda a fin de semana en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 h a 20.00 horas, de balde para todos os interesados.
Nesta exposición haberá diferentes pezas de artesanía feitas en Teo, así como demostracións por turnos dos oficios de artesanía da man dos propios artesáns, fundamentalmente dos obradoiros de madeira e xoiería. Serán sobre unha decena de expositores onde toda a veciñanza poderá desfrutar do enorme traballo que realizan, así como mercar os produtos expostos.
O Concello quere felicitar aos artesáns teenses por esta iniciativa, que de seguro lles axudará a colleitar numerosos éxitos.