O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta mañá unha xuntanza con varios representantes do voluntariado que foi expulsado do Refuxio de Bando, pertencentes á asociación Volaban. A rexedora quixo saber de primeira man o que aconteceu e expresoulles o seu máximo compromiso para que poidan volver ao Refuxio, posto que “son unha parte fundamental para o día a día dos animais que se atopan alí”.
Neste senso, Lucía Calvo de la Uz trasladoulles que na pasada xuntanza do Padroado, celebrada o venres 28 de novembro en Santiago, solicitou que foran readmitidos de forma urxente para o correcto funcionamento do Refuxio, pero a peticion foi rexeitada alegando que non estaba na orde do día, polo que non se podía votar. A alcaldesa solicitou entón un punto expreso na orde do día da vindeira xuntanza, a cal aínda non ten a data marcada, para a reincorporación inmediata deste colectivo, así como o seguimento e dación de contas da readmisión.
Ao longo da reunión, ambas partes valoraron o traballo que se realiza no refuxio, a necesidade de mellorar as infraestructuras e dotalas de máis persoal para o correcto funcionamento das instalacións.