O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello lanza unha consulta pública previa sobre o regulamento de condicións de prestación do SAT dos municipios de Teo e Ames

| compartir:

O Concello de Teo lanza unha consulta pública previa sobre o regulamento de condicións de prestación do Servizo de Atención Temperá, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas. O obxectivo desta consulta pública é ter en conta a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os propios obxectivos da norma e as posibles soluciones alternativas reguladoras e no reguladoras.

Neste senso, a cidadanía e organizacións que así o consideren, poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos formulados neste cuestionario, entre o día 26 de febreiro e o 25 de marzo de 2025 (ambos incluídos), a través do correo electrónico: servizossociais@teo.gal

Cabe lembrar que o Concello de Teo vén prestando dende o 1 de novembro de 2021 un servizo de atención temperá conxuntamente co Concello de Ames. Dita prestación atende aos criterios establecidos no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2013), non obstante, a concreción desta atención no ámbito destes dous concellos e dependente das súas administracións municipais, esixe o establecemento dun marco regulamentario que, respectando o establecido na norma autonómica, fixe o réxime interno da atención temperá de titularidade municipal.

A prestación conxunta do servizo de atención temperá entre Teo e Ames nace, na actualidade, do convenio que estas administracións asinaron o pasado 31 de outubro de 2024. A cláusula sexta do referido convenio estableceu a obriga de aprobar un catálogo de condicións de prestación do servizo que deberá ser proposta pola Comisión Mixta de seguimento do convenio e aprobada polos plenos dos concellos.


 


 

foto