O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello licita o contrato de reurbanización do núcleo de Lamas, na parroquia de Santa María de Bamonde

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato de reurbanización do núcleo de Lamas, na parroquia de Santa María de Bamonde, por un importe de case 395.000 euros con fondos do POS+Adicional 2/2024. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 14 de abril para presentar as súas ofertas, tendo toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público.

As obras consistirán na renovación das rúas interiores da aldea, dotándoas dun novo pavimento que, segundo a zona, será de formigón con acabado superficial rugoso. Tamén se completará a rede de abastecemento de auga potable e a de augas residuais, non só para garantir o devandito servizo a todas as vivendas senón tamén a aqueles solares vacantes de edificación. Por último, instalarase a infraestrutura necesaria para dotar a iluminación pública dunha rede de subministración totalemente soterrada. 

Con este proxecto de reurbanización en Lamas preténdese mellorar a calidade de vida e a seguridade viaria dos habitantes do núcleo, unhas actuacións máis que necesarias debido á deterioración actual dos viais, froito das inclemencias meteorolóxicas e do desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos. 


 

foto