O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato para ampliar a rede de saneamento no lugar de Feros

| compartir:

O Concello licita o contrato para ampliar a rede de saneamento no lugar de Feros, por un importe de 126.089,15 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 24 de xullo. 

A finalidade desta obra é dotar de conexión á rede pública a un total de 35 parcelas que carecen deste servicio na actualidade. A rede de saneamento proxectada divídese en tres tramos dunha lonxitude total de 1.043 metros.

As obras consistirán na demolición de pavimento e escavación en gabia por medios mecánicos con agotamento de auga. Colocaranse as conducións de PVC, segundo as seccións tipo establecidas e procederase á execución dos pozos de rexistro. Logo levarase a cabo o recheo das gabias con material adecuado e a reposición do pavimento segundo corresponda. Por último, executarase a adecuación final das parcelas. 

Cabe sinalar que será necesario prolongar dous metros unha ODT (Obra de Drenaje Transversal) existente no Rego da Auga coa finalidade de cruzar a rede proxectada e realizar así o entronque á rede xeral existente. Manterase a mesma sección hidráulica existente na ODT actual seguindo as indicacións establecidas na normativa correspondente.

 

foto