O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato que abarca o servizo de campamentos de verán para este 2025, concretamente a xestión e o desenvolvemento do campamento de verán infantil e o campamento de verán xuvenil do Concello de Teo, para facilitar a conciliación de nenas e nenos. O orzamento base de licitación, con IVE incluído, de 75.475,41 euros.
Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e teñen ata o 31 de marzo para presentar as propostas.
Levarase a cabo durante o verán do ano 2025, para menores de idades comprendidas entre os 7 e 11 anos para o caso do campamento infantil e entre os 12 e 17 anos para o caso do campamento xuvenil, que neste caso será fóra do municipio teense.