O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello licita o contrato que abarca o servizo de roza de vías, pistas e camiños de titularidade municipal para o ano 2025, por un importe superior aos 48.700 euros. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 16 de abril.
Así, ante a falta de recursos materais e personais propios do Concello, cómpre sacar o dito contrato para cumprir o deber competencial de manter os camiños e cunetas nas condicións idóneas.
Os traballos aos que se refire este servizo consisten na realización de desbroces mecánicos e manuais da vexetación que invade as vías municipais nas parroquias de Cacheiras, Calo e Lampai, así como as de determinados espazos de uso público nos que resulta posible empregar maquinaria para a súa limpeza.