O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello organiza unha excursión para as persoas maiores á mariña lucense

| compartir:

Haberá dous días de excursión, para así poder cubrir a demanda. Serán o sábado 14 e o sábado 21 de xuño. O prezo establecido será de 30 euros por persoa, o cal inclúe a viaxe en autobús (ida e volta), as visitas a realizar e o xantar. Este programa está pensado para as persoas maiores de 60 anos que estean empadroadas en Teo. 

Así, as visitas que se levarán a cabo serán á Basílica de San Martiño, no concello de Foz. Trátase dunha iglesia construida nos séculos XI-XII sobre un antigo templo prerrománico do século X, antaño sede episcopal da diócese mindoniense e considerada a igrexa máis antiga de España (s. VI).

Seguidamente, visitaremos a famosa Praia das Catedrais, no concello veciño de Ribadeo. Falamos dun dos areais máis prestixiosos de Galicia e coñecido polas súas xigantescas rocas en forma de colosais arcos e torres, moi similares aos vistos nos templos cristianos.

O xantar farase no concello de Barreiros. Un menú de cinco pratos, bebida, pan, postre e café para repoñer forzas e seguir coa seguinte visita. Finalizaremos a excursión en Ribadeo, para coñecer esta vila mariñeira    

 

Prazos de inscrición:

Para anotarse á excursión do sábado 14 de xuño, os interesados deberán formalizar a súa reserva entre o 12 e o 23 de maio.

Para anotarse á excursión do sábado 21 de xuño, os interesados deberán formalizar a súa reserva entre o 26 de maio e o 6 de xuño. 

Para máis información, poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (edificio Constante Liste, 2º andar) ou chamar ao teléfono 881 819 356.

 

cartel