O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato de mellora para o consultorio de Pontevea, por un importe de case 174.000 euros. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 10 de marzo para presentar as súas ofertas, tendo toda a información na Plataforma de Contratación do Estado.
O estado actual que presenta esta infraestrutura, a cal está pechada temporalmente, é moi deficitario e precisa dunha actuación integral urxente. O consultorio médico ten a cuberta deteriorada e o interior do centro tamén sufriu danos por auga, humidade e falta de ventilación natural.
A intervención definida neste proxecto consiste nun cambio de cuberta e substitución da cheminea existente, ademais dos canlóns e baixantes existentes. No interior do centro, adaptaranse as instalacións existentes para integralas á proposta, substituíndo as carpinterías interiores e o chan. Tamén se mellorará a entrada para facilitar a accesibilidade ao edificio e conseguir un mellor aproveitamento dos espazos exteriores.
Con esta obra búscase unha actuación estrutural sinxela e ben integrada capaz de reforzar o edificio e permitindo uns cambios futuros con mínimas necesidades de mantemento, capaz de cumprir coa súa función de forma sostible, sen discriminación de uso e o máis accesible posible.